Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso rexeita que Pedro Sánchez compareza para explicar a política migratoria

O Congreso rexeita que Pedro Sánchez compareza para explicar a política migratoria

Tampouco comparecerán o ministro de Transportes polas avarías ferroviarias e a de Facenda polo financiamento de Cataluña

Sánchez inicia unha xira africana para aumentar a colaboración ante a presión migratoria

A presidenta do Congreso, Francina Armengol, saúda o voceiro do PSOE á súa chegada á xuntanza da Deputación Permanente. EFE/Fernando Alvarado A presidenta do Congreso, Francina Armengol, saúda o voceiro do PSOE á súa chegada á xuntanza da Deputación Permanente. EFE/Fernando Alvarado
G24.gal 27/08/2024 16:46 Última actualización 27/08/2024 16:59

A Diputación Permanente do Congreso rexeitou este martes que o presidente e varios ministros comparezan para explicar a súa política migratoria, a posición de España sobre Venezuela, o pacto para cambiar o financiamento de Cataluña e a fuxida de Puigdemont o pasado 8 de agosto.

O PP solicitaba a comparecencia urxente de Pedro Sánchez que non contou co apoio maioritario dos grupos.

Os populares afastaron este luns un acordo co Goberno para reformar a lei de estranxeiría. Acusan o Executivo de Pedro Sánchez de inacción e de non atender as súas propostas, que pasan por convocar a Conferencia de Presidentes, declarar a emerxencia migratoria ou dotar de recursos as autonomías que acollen aos menores que migran sós.

Ademais desta comparecencia, o PP quería que Sánchez fale no Congreso, aínda que non de maneira urxente, sobre a posible fraude electoral levada a cabo polo presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, xa que consideran que as eleccións do 28 de xullo deron a vitoria "con claridade á oposición".

Tamén quería que Sánchez se pronunciara no Congreso sobre a visita a España e posterior fuxida do expresidente catalán Carles Puigdemont.

A pesar de contar co apoio de Vox, o PP tampouco conseguiu que comparecese o ministro de Transportes, Óscar Puente, polas avarías e problemas ferroviarios que están a ocorrer con frecuencia este verán; así como a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, polo acordo con ERC para un financiamento singular para Cataluña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade