O conselleiro de Sanidade destaca as intervencións robotizadas do servizo de xinecoloxía
O conselleiro de Sanidade destaca as intervencións robotizadas do servizo de xinecoloxía
Comesaña avanzou que están ultimando as novas unidades de solo pelviano nas sete áreas sanitarias
O conselleiro de Sanidade destaca que o servizo de xinecoloxía do Sergas fixo máis de 250 intervencións cirúrxicas robotizadas. Julio Garcia Comesaña, participou en Vigo no congreso da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía que alcanza a súa edición número 75.
O conselleiro de Sanidade tamén avanzou que están ultimando a posta en marcha das novas unidades de solo pelviano nas sete áreas sanitarias e precisou que desde 2017 Galicia conta cun programa de atención a esta disfunción en atención primaria.
"O ano pasado decidiuse incorporar en cada área sanitaria un robot cirúrxico. Empezamos o mesmo día en todas as áreas sanitarias. Empezou o servizo de uroloxía, pero rapidamente se incorporou o de xinecoloxía. Teño que dicir que o resultado no ámbito da cirurxía robótica en Galicia, especialmente en xinecoloxía e obstetricia, está sendo moi destacable", destacou Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.