Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda, Corgos, Comesaña e Almuiña, entre os citados na comisión do caso Koldo

Rueda, Corgos, Comesaña e Almuiña, entre os citados na comisión do caso Koldo

Entre os responsables da Xunta citados tamén está o exvicepresidente Francisco Conde

O PSOE pacta cos seus socios citar a Ábalos á comisión do Congreso do caso Koldo

Alfonso Rueda e Julio García Comesaña nunha imaxe de arquivo (David Cabezón) Alfonso Rueda e Julio García Comesaña nunha imaxe de arquivo (David Cabezón)
G24.gal 16/04/2024 16:24 Última actualización 16/04/2024 21:07

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, figura na lista de 134 comparecentes aprobada este martes pola comisión de investigación do Congreso sobre os contratos de emerxencia en pandemia inclúe aos principais nomes do chamado caso Koldo.

Nesa listaxe, ademais de Rueda, tamén hai outros catro presidentes autonómicos do Partido PopularIsabel Díaz Ayuso, de Madrid, Juan Manuel Moreno Bonilla, de Andalucía, Marga Prohens, de Baleares, e Fernando López Miras, de Murcia. Ademais tamén destaca a presenza do alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida. E con eles inclúese a varios dos seus colaboradores e numerosa petición de documentación.

De Galicia, ademais da Rueda, cítase ao conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; ao que ata o de agora era responsable de Sanidade, Julio García Comesaña, que foi substituído por Antonio Gómez Caamaño; e o seu antecesor no cargo, Jesús Vázquez Almuiña.

Comesaña e Almuiña xestionaron o groso da pandemia en Galicia, desde as súas responsabilidades na Consellería de Sanidade.

Tamén está citado o exvicepresidente segundo da Xunta durante a pandemia, agora deputado no Congreso, Francisco Conde; e a quen ocupou ou ocupan outros cargos ligados ao Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, ou José Flores, e a outros departamentos autonómicos, como Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade