O conselleiro de Sanidade fala dunha freada do crecemento dos contaxios
O conselleiro de Sanidade fala dunha freada do crecemento dos contaxios
Aínda non acadamos o pico da sexta vaga
A maior parte dos ingresados son de variante delta
A variante delta é a predominante entre os pacientes ingresados nos hospitais galegos. As autoridades sanitarias vixían moi de preto a evolución nas unidades de coidados intensivos onde durante os últimos días a situación está a ser estable.
Os contaxios seguen en aumento na nosa comunidade, aínda que cunha tendencia de crecemento menos explosiva ca nas últimas semanas. O conselleiro de Sanidade advirte de que aínda non é momento de baixar a garda.
Para frear os contaxios apunta á prudencia, pero tamén á vacinación e aos tests. O próximo luns comezarán a repartirse as probas de saliva nos centros escolares para facer cribados no caso de positivos nas aulas.