Publicador de contidos
Publicador de contidos

O conselleiro de Sanidade pídelle á ministra acelerar o MIR de Urxencias

O conselleiro de Sanidade pídelle á ministra acelerar o MIR de Urxencias

Gómez Caamaño tamén solicita que aumentar a idade de xubilación aos 72 anos en especialidades deficitarias a profesionais que o desexen e eliminar a taxa de reposición nesas especialidades deficitarias

G24.gal 02/10/2024 14:27

O conselleiro de Sanidade pídelle á ministra que axilice o MIR de Urxencias. Gómez Caamaño remitiulle unha carta a Mónica García en que pide comezar canto antes a formación destes especialistas, xunto a outras medidas para intentar paliar a falta de médicos. 

"Que acelere ao máximo a especialidade de Urxencias, porque senón non imos poder dispoñer de especialistas ata o ano 2030, cremos que se podería acelerar iso. E outras reivindicacións, permitir aumentar á xente que queira, de forma voluntaria, en especialidades deficitarias a idade de xubilación aos 72 anos, e eliminar a taxa de reposición nesas especialidades deficitarias", enumerou Gómez Caamaño.

Precisamente, de cara á formación dos futuros médicos, o conselleiro de Sanidade e o reitor da Universidade de Santiago asinaron un protocolo para promover a carreira docente dos profesionais sanitarios. O obxectivo é facilitar a súa actividade investigadora para acreditarse na docencia universitaria no ámbito da medicina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade