Cargando resultados...
Homenaxe na Habana ás mulleres emigrantes galegas
Homenaxe na Habana ás mulleres emigrantes galegas
O Consello da Cultura Galega e a Universidade da Habana puxeron en valor o legado das galegas
G24.gal
30/03/2023 12:54
O legado e o labor desenvolvido en Cuba polas mulleres emigrantes galegas foi enxalzado e recoñecido durante unhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega e a Universidade da Habana.
Especial mención para a profesora mindoniense Andrea López Chao, que en 1917 foi unha das fundadoras da sociedade Fillas de Galicia para a protección das emigrantes dos abusos e discriminacións das que moitas eran obxecto.
Durante as xornadas tamén se proxectou o documental Fillas de Galicia, en que dúas emigrantes contan a súa historia, e inaugurouse a exposición O soño cubano da emigración galega, que permanecerá na Habana ata finais de abril.