O conservador Mitsotakis logra a maioría absoluta en Grecia
O conservador Mitsotakis logra a maioría absoluta en Grecia
O líder de Nova Democracia vence nas lexislativas con máis do 40 % dos votos
A esquerdista Syriza de Alexis Tsipras queda en segundo lugar, coa maior diferencia respecto do primeiro partido desde 1974
Tres partidos de extrema dereita entran no Parlamento
Kyriakos Mitsotakis, líder da dereitista Nova Democracia (ND), venceu nas eleccións xerais deste domingo en Grecia cun 40,5 % do voto, segundo o escrutinio oficial, que alcanza xa o 97 % das papeletas.
Con esa porcentaxe ten garantido un mínimo de 158 escanos sobre os 300 do Parlamento e poderá gobernar en solitario outros catro anos. Revalida asi mandato. Xa prometeu unha Grecia "máis próspera e xusta".
A segunda forza foi a esquerdista Syriza, de Alexis Tsipras, partido que obtivo só un 17,8 % dos votos. A diferenza entre os dous principais partidos é a maior desde 1974, coas primeiras eleccións democráticas en Grecia tras a etapa de ditadura.
Os socialdemócratas de Pasok-Kinal atópanse en terceiro lugar co 12,6 % dos votos, seguidos polo Partido Comunista de Grecia, co 7,3 %.
A gran sorpresa da xornada foi a incorporación ao Parlamento de tres partidos de extrema dereita, tres formacións que superaron o mínimo do 3 % dos votos esixidos por lei: os ultranacionalistas de Solución Grega, os fundamentalistas cristiáns de Niki e os neonazis de Espartanos.
Case ninguén contaba coa chegada destes últimos. Esta formación foi impulsada desde o cárcere por Ilias Kasidiaris, que foi portavoz do partido neonazi Amencer Dourado ata que foi declarado organización criminal.
Kasidiaris cumpre condena por iso. Espartanos, o seu actual partido, obtivo un 4,7 % dos votos.
O obxectivo de Mitsotakis era gobernar en solitario. E neste comicios logoruno cunha ampla vitoria. O 20 de maio venceu cunha diferenza de 20 puntos sobre o partido de Tsipras, pero o resultado só lle permitía gobernar en coalición. Agora o novo sistema coa bonificaciòn de escanos con 50 para o máis votado beneficiou a súa formación. Non lle pasan factura as crises que afrontou desde 2019.