Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Constitucional admite recursos do Goberno e suspende a lexislación galega sobre costas

O Constitucional admite recursos do Goberno e suspende a lexislación galega sobre costas

O Pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade promovido polo Goberno contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria da lei de acompañamento dos orzamentos de 2023 polos que a Xunta asumía esas competencias

G24.gal 24/10/2023 13:12 Última actualización 24/10/2023 16:23

O Pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade promovido do Goberno central contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da lei de acompañamento dos orzamentos de Galicia para 2023, a lei 7/2022 de 27 de decembro de medidas fiscais e administrativas.

En concreto, eses artigos 10 e 11 limitan a un prazo de 15 anos o prazo de obrigación de restitución de obras ilegais en zona de dominio público marítimo-terrestre e abre a porta á súa regularización tras ese período, o que choca coa lexislación estatal.

Nese sentido, a lexislación galega engade que "se considerarán finalizadas aquelas construcións que aparezan reflectidas nas fotografías do voo de costas 1989-1991, recollidas no Plan nacional de ortofotografía aérea histórico".

O Goberno central considera que varios artigos da citada norma "poderían vulnerar as competencias do Estado para a determinación do réxime xurídico do dominio público marítimo-terrestre" ademais da lexislación básica en materia de protección do medio ambiente litoral.

Os maxistrados tamén acordaron, a pedimento do Executivo, suspender a aplicación dos preceptos recorridos, desde a data de interposición do recurso (28 de setembro de 2023) para as partes do proceso e desde o día en que apareza publicada a suspensión no Boletín Oficial do Estado (BOE) para os terceiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade