Publicador de contidos
Publicador de contidos

O corte ao tráfico da A-6 encarece o transporte de mercadorías

O corte ao tráfico da A-6 encarece o transporte de mercadorías

Os empresarios piden axilidade na busca dunha solución para o viaduto do Castro para evitar os graves prexuízos económicos

G24.gal 21/06/2022 14:31

Día de feira en Pedrafita do Cebreiro. Os veciños conviven a diario co intenso tráfico que desde hai dúas semanas utiliza esta travesía para desprazarse entre Galicia e a Meseta tras a derruba do viaduto do Castro. Din que temen que poida haber un accidente.

Tráfico reduciu a velocidade e reforzou a sinalización na zona. Pero atravesar Pedrafita é a diario un auténtico calvario para veciños e transportistas. 

As dificultades nas comunicacións comezan a deixar a súa pegada no tecido económico das provincias da Coruña e Lugo. Desde a Cámara de Comercio da Coruña, o seu presidente, Antonio Couceiro, asegura que xa se está encarecendo o custe das mercadorías.

O Goberno di que vai estudar alternativas de mobilidade a través da autovía A-52 e da autoestrada AP-9 mentres non haxa unha solución para o viaduto.

Os empresarios piden axilidade para evitar os graves prexuízos económicos e que se executen as obras pola vía de urxencia.

Os técnicos estudan a posibilidade de derrubar a parte do viaduto que quedou en pé para comprobar o estado da estrutura con garantías de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade