Publicador de contidos
Publicador de contidos

O coruñés Jacobo Garrido, prata nos 400 metros do Europeo de natación paralímpica

O coruñés Jacobo Garrido, prata nos 400 metros do Europeo de natación paralímpica

O coruñés acada a súa terceira medalla nun campionato de Europa

G24.gal 25/04/2024 20:32

O nadador coruñés formado no Liceo, Jacobo Garrido, acadou a prata na proba de 400 metros libres nos campionatos de Europa de natación paralímpica que se están a celebrar na localidade de Madeira (Portugal). 

Jacobo Garrido demostrou estar nun gran momento de forma na súa especialidade favorita, a escasos meses de afrontar a cita olímpica. O nadador galego fixo un tempo de 4:17, só rebaixado polo francés Ugo Didier (8 décimas menos) e sacándolle ao belga Sam de Viller (bronce) case dous segundos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade