Cargando resultados...
Paula Otero, coleccionista de medallas e gran promesa da natación galega
Paula Otero, coleccionista de medallas e gran promesa da natación galega
Volve do campionato de España Open con dous ouros e un bronce en categoría absoluta
G24.gal
11/04/2023 12:16
Última actualización 11/04/2023 12:23
Con apenas 19 anos, Paula Otero é xa unha coleccionista de medallas. Do recente campionato de España Open volve con dous ouros e un bronce ao pescozo en categoría absoluta. Ouro nos 400 e nos 1.500 metros libres, bronce nos 800. A maiores, as súas marcas lévana ao mundial que se disputará en xullo no Xapón.
Así e todo, con toda a carreira por diante, prefire non meter presión de máis. Os Xogos teñen moito glamour, pero xa virán.
"Agora pensas no tempos para ir aos Xogos, pero sen agoniarse"
E mentres, a seguir buscando onde acomodar tanta medalla.