Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha soa décima privou a María de Valdés de ser campioa do mundo

Unha soa décima privou a María de Valdés de ser campioa do mundo

María de Valdés: "Non o podía crer, foi moi especial"

G24.gal 15/02/2024 16:12 Última actualización 15/02/2024 16:17

Menos do que dura un suspiro, unha soa décima, privou á nadadora do Club Natación Liceo, María de Valdés, de ser campioa do mundo nun apertadísimo sprint final. Os dez quilómetros en augas abertas gañounos a neerlandesa Van Ruwendaal. Pero hai pratas que saben a ouro.

"Non o podía crer, foi moi especial. Loitar coas tres primeiras foi incrible".

Coa medalla, a andaluza, galega por parte de nai, trouxo o billete para París, onde promete ir por todo.

"Vou loitar para gañar unha medalla de París".

Agora buscará a clasificación para París tamén na piscina co ollo posto nos 1.500 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade