A Fundación Rías do Sur pecha as piscinas de Ponte Muíños ao non poder afrontar os gastos de mantemento
A Fundación Rías do Sur pecha as piscinas de Ponte Muíños ao non poder afrontar os gastos de mantemento
A Fundación Rías do Sur pecha as piscinas de Ponte Muíños ao non poder afrontar os gastos de mantemento
O peche afecta os adestramentos de máis de 200 nadadores federados
Os clubs piden axuda ao Concello para que, de xeito transitorio, se faga cargo da piscina olímpica
Este mércores será o ultimo día en que os nadadores poderán adestrarse nas instalacións que a Fundación Rías do Sur ten en Pontevedra. O xoves pechará a súas portas por non poder facerse cargo dos gastos que supón.
O novo peche afecta máis 200 nadadores, dos clubs Natación Galaico e Galaico Sincro, que desde a quebra de concesionaria teñen moitas dificultades para poder adestrar e están abocados á desaparición.
Desde a fundación confirman que mantiveron reunións co Concello e agardan unha resposta que evite o peche.
Desde os clubs piden ao Concello unha axuda transitoria que pasa por encher de auga e manter a piscina olímpica ata que unha concesionaria se faga cargo das instalacións de Ponte Muíños.
Co tempo xa ao límite, mañá está previsto que se reúna o padroado da fundación para botar un salvavidas coa posibilidade de prorrogar durante un mes o funcionamento da piscina de 25 metros.