O curso para ter cans non se vai esixir aos que xa teñan un agora
O curso para ter cans non se vai esixir aos que xa teñan un agora
O curso será obrigatorio para os que se fagan cunha mascota seis meses despois de que se publique o decreto
O Goberno estuda eximir os donos actuais de cans do curso formativo ao que obrigará a lei, segundo propuxo o Ministerio de Dereitos Sociais nun borrador de real decreto enviado ás comunidades autónomas para avanzar no desenvolvemento regulamentario da lei de protección e benestar animal.
O que se pensa é dar "un prazo de seis meses desde a publicación deste real decreto a partir do cal será obrigatorio o curso de tenza de cans", que non se esixirá aos donos actuais.
A proposta do Ministerio foi plasmada nun borrador de decreto dirixido a desenvolver 25 artigos desta a lei de protección benestar animal vixente desde marzo de 2023, pero que mantén varios aspectos aínda pendentes de desenvolvemento regulamentario.
Esta proposta do Goberno será exposta o próximo 17 de xullo nunha reunión técnica cos gobernos autonómicos, que poderán presentar cambios ao texto ata o 31 de agosto.
No borrador inclúense aspectos relevantes tamén a regular sobre o seguro de responsabilidade civil, rexistro de animais, ou avaliación do perigo dos cans con baremos máis obxectivos que os da lei que os regula actualmente.