Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CXPX responderá o luns ás críticas do Goberno ao xuíz que investiga a Begoña Gómez

O CXPX responderá o luns ás críticas do Goberno ao xuíz que investiga a Begoña Gómez

Imaxe de arquivo dunha reunión do CXPX Imaxe de arquivo dunha reunión do CXPX
G24.gal 06/06/2024 17:45 Última actualización 06/06/2024 18:09

A comisión permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) reunirase de forma extraordinaria o luns para pronunciarse sobre "as últimas manifestacións públicas que poden afectar á independencia xudicial", tras as declaracións do presidente do Goberno e numerosos ministros sobre a citación como investigada a Begoña Gómez.

A reunión, da que informaron este martes fontes do CXPX, ten lugar despois de que dúas asociacións de xuíces -a Francisco de Vitoria e Foro Xudicial Independente- tacharan de "moi pouco edificante" que o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, trasladara nunha carta á cidadanía "a idea de que un xuíz dita as súas resolucións con intereses electoralistas".

Na súa segunda "carta á cidadanía" difundida en redes sociais, Sánchez considerou "estraño" que o xuíz anunciara a cinco días das eleccións europeas a citación como investigada da súa esposa e acusou a PP e Vox dun intento de interferir nos resultados do 9-X.

A mesma mensaxe que lanzou na conferencia de prensa tras o Consello de Ministros a portavoz do Goberno, Pilar Alegría, quen mostrou a súa "estrañeza" ante a citación electoral en plena campaña e tamén a súa "total tranquilidade" ao considerar que "non hai nada de nada" no caso, no que o xuíz investiga presuntos delitos de corrupción no sector público e tráfico de influencias.

Varios ministros, como o titular do Interior, Fernando Grande-Marlaska, reiteraron despois tamén a súa "absoluta estrañeza" ante a actuación do xuíz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos