Cargando resultados...
O delegado do Goberno destaca a pegada de Luísa Villalta e defende o galego como elemento de unión
O delegado do Goberno destaca a pegada de Luísa Villalta e defende o galego como elemento de unión
A Delegación do Goberno acolleu un acto en memoria da escritora coruñesa
G24.gal
13/05/2024 14:50
Arranca a semana das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Luísa Villalta. A Delegación do Goberno acolleu un acto en memoria da escritora coruñesa, en que se deu lectura a algúns dos seus poemas. Amais de destacar o papel de Villalta como referente cultural, Pedro Blanco reivindicou o valor da lingua galega como elemento de unión.
"A promoción da lingua é un valor esencial, e o Goberno ao que represento deféndeo e protéxeo. Porque o galego, que forma parte da nosa cultura, vertebra toda a nosa sociedade. É un elemento de unión que nos define e nos fai únicos, e do que debemos sentirnos orgullosos".