O Dépor ABANCA suma e segue diante do Alhama (1-0)
O Dépor ABANCA suma e segue diante do Alhama (1-0)
Ainhoa Marín anotou o único gol do partido
O conxunto herculino segue líder, con nove puntos de vantaxe sobre o Español, á espera do que faga no seu partido
O Déportivo ABANCA solventou un difícil compromiso en Abegondo, ao derrotar por 1-0 ao Alhama, que marchaba no cuarto posto na táboa.
O primeiro acto foi espeso, cun xogo moi parado e cun nivel de intensidade moi alto. A ocasión máis clara nos primeiros minutos foi para as visitantes, cun bo centro a segundo pau que foi incomprensiblemente errado pola dianteira. Poucos minutos despois chegou o tanto coruñés, un pase excepcional de Lucía deixou man a man a Ainhoa Marín diante da gardameta. A atacante branco e azul non perdoou e situou o primeiro o electrónico. Antes de chegar ao descanso, a propia Ainhoa tentou o segundo cun disparo dende fóra da área que foi detido con facilidade pola gardarredes visitante.
A segunda metade comezou cun conxunto rival moi activo, na busca do gol que empatase o partido. O Alhama contou con varias situacións de certo perigo para a portería deportivista, aínda que non foi quen de empatar. Co paso dos minutos, o Deportivo ABANCA semellaba estar cómodo mentres se defendía e saía ao contragolpe. Deste xeito forzou dous cartóns, un amarelo e outro vermello, este último no minuto 67 a Judith, que cortou a xogada cando Millene xa marchaba cara á portería rival. Tres minutos despois, un centro a balón parado dende a parte dereita foi rematado a gol polas xogadores visitantes, aínda que a colexiada invalidou o empate por fóra de lugar. Chegando ao minuto 80, esta vez foi o conxunto coruñés o que viu como lle era invalidar un gol por fóra de xogo de ADT. Coas visitantes entregadas, foi a propia Ana de Teresa a que tivo a opción de sentencias á contra. Nos últimos intres, os intentos por igualar o partido non deron resultado.
O Dépor ABANCA sitúase con 47 puntos tras a vitoria, tendo nove puntos de vantaxe sobre o Español (á espera do que faga mañá no seu compromiso).