O Dépor ABANCA volve de Madrid cun punto (1-1)
O Dépor ABANCA volve de Madrid cun punto (1-1)
As de Irene Ferreras igualaron cun gran gol un partido que comezaron perdendo
As locais remataron cunha xogadora menos
O Dépor ABANCA visitaba terras madrileñas co obxectivo de conseguir tres puntos de ouro na busca do ascenso cara á primeira división. Non puido ser, pero polo menos salvou un punto que, como mínimo, garante o coliderado ao final da xornada.
O filial atlético foi un gran rival para as coruñesas. Na primeira parte o encontro estivo disputado, non houbo unha gran dominio do partido por parte de ningún dos dous equipos. Aínda así, as herculinas reclamaron un penalti ao comezo do partido, logo do derribo de Ainhoa Marín na área.
Xa na segunda metade, as cousas comezaron a torcerse. No minuto 50 Sara adiantou as locais e puxo o partido complicado para o Dépor. O tanto non desanimou as brancas e azuis, que vinte minutos despois conseguiron a igualada nas botas de Millene. Co partido empatado, as deportivistas xogaron en superioridade 11 minutos logo da expulsión de Dana Benítez, pero non foron quen de ver porta de novo. De feito, Lucía salvou o punto cunha gran parada nos últimos intres.
O conxunto galego mantén a primeira praza, mentres o Atlético B continúa en terra de ninguén.