O Dépor ficha a Helton Leite para a portaría
O Dépor ficha a Helton Leite para a portaría
O brasileiro chega de dúas tempadas no Antalyaspor, da liga turca
Ten ampla experiencia en Brasil e en Portugal, co Boavista e co Benfica
Novo gardián da portaría deportivista. Helton Leite chega á cidade herculina para reforzar o cadro de porteiros do Deportivo da Coruña. O brasileiro, de 33 anos, chega procedente do Antalyaspor turco, no que xogou dúas tempadas.
O gardamallas comezou despuntando en equipos brasileiros e, despois de xogar varios anos no seu país natal, deu o salto a Europa. Fíxoo ao Boavista portugués, onde impresionou. Isto fixo que todo un grande do país, o Benfica, chamara á súa porta.
Helton Leite chega para reforzar a portaría e intensificar a loita por ser o gardameta titular. Fichaxe a custo cero para o Deportivo, que segue sumando pezas ao seu proxecto na volta da entidade á segunda española.