Publicador de contidos
Publicador de contidos

O deporte e o boxeo galego choran a morte de Paco Amoedo

O deporte e o boxeo galego choran a morte de Paco Amoedo

Pola man do mestre de boxeadores Amoedo pasaron nomes lendarios do boxeo galego como Carlos Miguel, Ferradás, Roberto Domínguez, Lee Manuel ou Laranxo

G24.gal 06/06/2024 15:33 Última actualización 06/06/2024 15:39

Loito no deporte galego. Faleceu nas últimas horas Paco Amoedo. É dificil interpretar a historia do boxeo galego sen a figura de Paco Amoedo.Figura deste deporte. Como púxil, como adestrador, como dirixente, como organizador

Paco Amoedo tiña 81 anos. Estas imaxes corresponden a unha homenaxe que se lle fixo en 2021. Amoedo retirouse como boxeador aos 25 años e pasou a adicarse á preparación de púxiles, e a promoción do boxeo, dende o mítico polideportivo Saudade en Vigo.

Pola man do mestre de boxeadores Amoedo pasaron nomes lendarios do boxeo galego como Carlos Miguel, Ferradás, Roberto Domínguez, Lee Manuel ou Laranxo.

Deixa, amais, un regueiro de títulos: 65 nacionais, 33 do mundo hispano, 9 nueve intercontinentais e os tres europeos conquistados por Iván Pozo, que no 2008 pelexou polo título mundial con Amoedo no curruncho.

No seguinte enlace podedes ver un especial sobre a súa figura: https://www.agalegaaudio.gal/videos/detail/148214-convivir-deportivo-especial-paco-amoedo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos