Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo, a un só partido de regresar ao fútbol profesional

O Deportivo, a un só partido de regresar ao fútbol profesional

O equipo comeza a pensar na gran final polo ascenso que xogará o sábado ante o Albacete en Riazor

G24.gal 06/06/2022 21:26

O Deportivo está a un encontro de regresar ao fútbol profesional. A proba definitiva será este sábado fronte ao Albacete.

O resultado e mais a imaxe da primeira eliminatoria ante o Linares deixan boas sensacións no grupo. Particularmente nun dos revulsivos do encontro, Mario Soriano.

Nada é máis importante para o deportivismo que xogar a finalísima ante o Albacete en Riazor. O equipo apela á unión de todas as partes para conseguir o obxectivo.

Tamén chega nun bo momento o Albacete, que dirixe o coruñés Rubén de la Barrera, logo de apear na semifinal de Balaídos ó Raio de Majadahonda por dous goles a un. Prevén que moverán á Coruña uns tres mil seareiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos