Cargando resultados...
O Deportivo Abanca comeza en Cáceres a fase de ascenso á máxima categoría
O Deportivo Abanca comeza en Cáceres a fase de ascenso á máxima categoría
Irene Ferreras: "O Cacereño non se nos deu ben na liga, pero non pasan polo mellor momento"
Foto @RCDeportivo
G24.gal
19/05/2023 12:11
Última actualización 19/05/2023 12:17
O Deportivo Abanca comeza a fase de ascenso á maxima categoría. Serán dúas eliminatorias. Ten que superar o Cacereño e despois agardar polo rival que sairá do enfrontamento Osasuna-Granada.
O equipo de Irene Ferreras sufriu unha decepción a pasada fin de semana en Logroño. Quedaron a un gol do ascenso.
"Esquecemos o que puido ser e non foi e estamos preparadas".
Agora mídense cun adversario coñecido.
"O Cacereño non se nos deu ben na liga, pero non pasan polo mellor momento".
O partido de ida será en Cáceres.