Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca mantén o liderado cunha goleada en Madrid (0-3)

O Deportivo Abanca mantén o liderado cunha goleada en Madrid (0-3)

As de Irene Ferreras decidiron na segunda parte o encontro contra o filial do Madrid CFF

G24.gal 13/01/2024 18:38

Comezou a segunda volta na Primeira Federación feminina e o Deportivo Abanca segue como líder da categoría. Gañou por 0 goles a 3 no campo do filial do Madrid Club de Fútbol.

Os tantos chegaron no segundo tempo. Abriu a conta o equipo deportivista cun penalti que transformou en gol Ana de Teresa. Era o minuto 8 do reinicio. Seis despois chegou o 0 a 2. Pase perfecto de Ainhoa Marín e definición, outra vez máis, de Ana de Teresa. O Deportivo aínda puido festexar un terceiro tanto no minuto 84. Iniciou a xogada a central Raquel García e ela mesma marcou.

O equipo de Irene Ferreras mantén o posto de ascenso directo, con dous puntos de vantaxe sobre un Español que tamén gañou nesta xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar