Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo-Castela, partido estrela nunha xornada importante en Primeira RFEF

O Deportivo-Castela, partido estrela nunha xornada importante en Primeira RFEF

O Pontevedra recibe esta tarde o Alxeciras á busca da salvación (19 h, G2)

Á mesma hora, o Celta B visita San Sebastián de los Reyes

Mañá a mediodía, o Rácing xoga en Alcorcón

Xa non hai entradas para o Deportivo-Castela de mañá ás 19 h (G2)

G24.gal 11/03/2023 14:58

Xornada con dous duelos polo alto e con protagonismo galego. Riazor roldará o cheo mañá para ver o segundo contra o terceiro clasificado. O Deportivo no seu mellor momento da temporada (leva 6 xornadas sen perder), e o Real Madrid Castela que vén de enlazar dúas derrotas por primeira vez. Especial atención ás dianteiras, onde volverá Noel, de branco, e faltará Quiles, maximo goleador da competicion. 

E no outro duelo nas alturas, o Rácing, o cuarto, visita o líder, o Alcorcón. Na memoria queda a remontada dos madrileños na Malata. Para o desquite, os ferroláns terán que ser o primeiro equipo que gañe en Santo Domingo. Viaxan con moitas baixas, a última a de Aitor Pascual, sancionado; pero con determinación. 

Tamén a Madrid viaxa o Celta B. Hoxe xogará no campo do San Sebastián de los Reyes, un equipo que foxe do descenso e que é o peor como local. Mellores son as perspectivas dos vigueses, a dous puntos dos postos de promoción grazas á gran segunda volta que están a facer. 

Para apuros os que pasa o Pontevedra, o último a oito puntos da permanencia. Hoxe intentará frear esa caída libre a partir das sete ofrecido pola G2 xogarán outro partido crucial ante un rival directo, o Alxeciras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar