Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo gaña en Balaídos e métese na lea do ascenso directo

O Deportivo gaña en Balaídos e métese na lea do ascenso directo

Nun partido de escasas ocasións, o gol de Pablo Vázquez a balón parado foi decisivo

Rubén López no 89 e Manu Garrido no 93 completaron o marcador

Xornada propicia para o Deportivo, porque non gañou ningún dos catro primeiros clasificados

G24.gal 28/01/2024 22:43

O Deportivo gañou en Balaídos e tirou proveito do resto de marcadores para meterse de cheo na pelexa polo ascenso directo. Os empates de Ponferradina, Nàstic e Cultural Leonesa resultaron propicios para o equipo de Claudio Giráldez, que fixo os deberes e conseguiu impoñerse por 1-2.

Foi nun partido de escasas oportunidades, sobre todo no primeiro tempo. O único achegamento salientable foi un remate de Miguel Román desde fóra da área que se estrelou contra o pau. 

A segunda metade ía polo mesmo camiño ata que apareceu Pablo Vázquez. O central era o único capaz de xerar perigo nas accións a balón parado e no minuto 72 acertaba coa portería. 

Co gol animouse o partido; o Celta Fortuna tirouse ao ataque (reclamou dous penaltis), e, á contra, o Deportivo parecía sentenciar co tanto do de Silleda Rubén López no minuto 89. 

Na seguinte xogada de ataque, Manu Garrido recortou diferenzas para o Celta Fortuna, pero xa non quedou tempo para que os locais tivesen outra ocasión e puidesen lograr o empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar