O Deportivo gaña o derbi do Anxo Carro con contundencia (0-3)
O Deportivo gaña o derbi do Anxo Carro con contundencia (0-3)
Barbero abriu o marcador axiña, e o Lugo nunca estivo cómodo
No treito final do partido chegaron os goles de David Mella e José Ángel
O Deportivo afastou as pantasmas das súas malas prestacións lonxe de Riazor e fíxoo cunha goleada no derbi do Anxo Carro. Certo é que os de Idiákez estiveron acompañados por unha boa representación da súa afección. Pero o 0-3 diante dun dos rivais máis fortes da categoría é un resultado importante para os coruñeses.
O Lugo nunca estivo cómodo no partido. Cando so ían nove minutos, recibiu o 0-1, marcado por Barbero. Foi unha primeira metade en que o Deportivo tivo algunha acción máis saíndo con velocidade.
Tras o paso polos vestiarios, o Lugo estirouse buscando a igualada. Pero o Deportivo aguantou ben as aproximacións dos de Munitis.
E foi á contra como chegou o gol da tranquilidade. Ían 77 minutos, e David Mella definiu con calidade logo dun rápido ataque.
O 0-2 deixou aloulados os lugueses, e o Deportivo aproveitouno. Foi nunha acción a balón parado que rematou sen deixar botar José Ángel. Un gol de moita calidade para pechar un 0-3 que fai soñar os deportivistas.