Cargando resultados...
O Deportivo, obrigado a gañar en Riazor diante do Cornellá
O Deportivo, obrigado a gañar en Riazor diante do Cornellá
O cadro de Idiákez leva dous empates nos dous primeiros partidos como local
O Lugo xoga no campo da Real Sociedade B
G24.gal
22/09/2023 21:52
E na Primeira Federación, o Deportivo recibe o Cornellá mañá sábado en Riazor. Os branquiazuis buscan a primeira vitoria da temporada na casa. Imanol Idiakez ten o equipo minguado polas baixas pero non quere escusas. Na convocatoria entraron catro canteiráns. O fabrilista Mati Castillo é a gran novidade.
O Lugo, pola súa parte, tamén adianta o partido á xornada do sábado. Xogará no campo da Real Sociedade B á procura do segundo triunfo da temporada. Comezou cunha vitoria pero agora leva tres xornadas sen gañar e sen marcar. Para Munitis o equipo vai polo bo camiño e agarda que o gol chegue canto antes.