Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo prepara o partido contra o Éibar pendente de Yeremay

O Deportivo prepara o partido contra o Éibar pendente de Yeremay

Óscar Gilsanz cre que vai poder contar co xogador

Yeremay ten que incorporarse á selección sub-21 o luns, día do partido

G24.gal 09/11/2024 12:24

O Deportivo recibe o luns ao Éibar, no segundo encontro de Óscar Gilsanz como técnico do equipo coruñés, tras a súa estrea como interino en Cartaxena. O partido, de suma importancia para os coruñeses, chega condicionado pola convocatoria de Yeremay coa selección sub-21. E é que o canario perde o partido da semana que ven en Almería pero, ao ter que incorporarse o luns á concentración, perdería tamén o encontro contra o Eibar. No club coruñés confían en que a selección lle permita incorporarse o martes.

"O sentido común dime que poderemos contar con el", indicou o técnico na previa. "Hai un precedente, o do Málaga, que puido contar con Antoñito precisamente en Riazor. Así que o sentido común indícame que estará connosco".

Sobre o partido da súa estrea como técnico do Deportivo en Riazor, Gilsanz foi claro: "O debut sempre é especial, pero o foco non ten que estar no adestrador, ten que estar no equipo".

O adestrador ten unha idea clara para o xogo dos seus: "A idea é que o equipo sexa ofensivo, pero sen perder o equilibrio. No equilibrio está o rendemento. Cando defendamos preto da portería hai que ser quen despois de aproveitar o enorme caudal ofensivo do equipo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade