Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo remonta ao grande contra o Fuenlabrada (4-2)

O Deportivo remonta ao grande contra o Fuenlabrada (4-2)

Ibán Salvador adiantou os madrileños cun golazo desde o centro do campo

En tres minutos tolos houbo tres goles, ata o 2-2

No treito final Quiles e Lucas consumaron a remonta

G24.gal 08/04/2023 20:58

A palabra que mellor define a primeira metade foi tolemia. O encontro agasallounos ademais un gol espectacular. Ibán Salvador recolle un balón sen dono no cetro do campo e, con atrevemento, supera a Ian Mackay desde moi lonxe. Moito mérito tivo a acción, o golpeo do ex-xogador do Celta B.

Pero a tolemia propiamente dita chegou entre os minutos 32 e 36. 360 segundos nos que se marcaron tres goles. Quiles logrou o empate para os branquazuis superando a un Craninx que anteriormente realizara tres paradas de moito mérito. Aínda celebraba Riazor a igualada cando o Fuenlabrada golpeaba de novo. Santi Jara perforaba a meta galega a os ánimos dun Deportivo que, porén, atopou a reacción axiña. Mario Soriano sorprendeu desde lonxe. O outrora infranqueable Craninx viuse superado neste caso.

Era imposible aguantar este ritmo e así, tras o intermedio, o encontro recuperou certa tranquilidade coas correccións dos adestradores. Tardou máis de 20 minutos en recuperar pulo ofensivo ata que se combinaron Lucas e Quiles para decidir. O excelente golpeo de Lucas no centro atopou a precision no remate de goleador deportivista. Con este gol chega aos 13 no que vai de temporada.

Pero o partido ainda gardaba máis cousas. Tivo que aparecer Mackay cunha parada marca da casa para evitar o empate. E xa contra o final unha acción de luxo de Pablo Martínez tivo que ser parada en falta. O lanzamento foi para Lucas Pérez que enviou á rde. Oitavo gol para o de Monelos que neste partido sumou outras dúas asistencias. Riazor, con sustos variados nesta ocasión, segue a ser un feudo practicamente inexpugnable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos