Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca ten todo a favor para lograr o ascenso este domingo

O Deportivo Abanca ten todo a favor para lograr o ascenso este domingo

As coruñesas lograrán o ascenso se gañan este domingo ao Cacereño ou logran o mesmo resultado que consiga o Español

Foto @RCDeportivo
G24.gal 19/04/2024 17:11 Última actualización 19/04/2024 17:19

As matemáticas deixan claro que o ascenso do Dépor feminino é case un feito. As coruñesas sacan catro puntos de vantaxe ao Español a falta de dúas xornadas. As posibilidades de ascender son altísimas e só un cataclismo evitaría ás de Irene Ferreras regresar á elite tres anos despois do descenso.

As branquiazuis reciben en Riazor ao Cacereño este domingo ás 12:00 horas. Se gañan o partido son equipo de Primeira División. En caso de non facelo tamén ascenderían igualando o resultado que obteña o Español ante o Barça B.

As blaugranas son líderes xunto ao Dépor, pero non poden ascender. Por tanto o Español ten un duelo complicadísimo ante o seu gran rival.

Irene Ferreras: "Quero que a xente goce o momento, que non haxa nervios, vai ser un día bonito"

No caso de que a xornada désese da peor maneira posible (derrota do Dépor e vitoria do Español), as coruñesas terían unha segunda bala na última xornada no seu partido ante o Albacete o vindeiro sábado 27.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar