Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derradeiro videoclub da Coruña pecha as súas portas o 30 de xuño

O derradeiro videoclub da Coruña pecha as súas portas o 30 de xuño

Aínda DVD, en Monte Alto, chegou a atesourar un catálogo con máis de 14.000 filmes

G24.gal 28/04/2024 08:46

Viviron a súa época dourada nos anos oitenta e noventa, pero Internet e a piratería primeiro, e as plataformas e a pandemia despois, acabaron devorándoos.

En toda España quedan menos de trescentos videoclubs. O único que resiste na Coruña, no barrio de Monte Alto, anunciou hai unhas semanas que pecha. 

Cando en 2014 pechou Josman, decano dos videoclubs coruñeses, un cliente cinéfilo pasou a ser propietario entusiasta. Mercoulles todas as películas e transformou aquel final nun comezo.

"Eu quería manter a posibilidade do alugueiro de películas para min, para os meus amigos, sabendo que tiña que haber máis xente coma min que ía botar moitísimo de menos o uso do videoclub", relata Jamie Fowlie, propietario de Aínda DVD.

No corazón de Monte Alto nacía Aínda DVD, cun catálogo de películas que medrou ata superar os 14.000 títulos. Jamie puxo en marcha un sistema de alugueiro en liña, con entrega a domicilio, e impartiu talleres cinematográficos. Nada conseguiu frear o golpe letal das plataformas dixitais.

"É tempo de xubilarme, é tempo de pechar, como están facendo os videclubs en toda España. As plataformas xa gañaron a batalla, seguro". 

Hai un antes e un despois da covid. Un antes no que unhas cento cincuenta películas viaxaban cada sábado desde estes andeis ás casas. Un despois que veu confirmar os presaxios.

"Despois da covid notamos que a maioría dos meus clientes xa tiñan plataformas. Esa necesidade de estar pechados na casa creou o costume de ver series, en vez de películas, e tamén de non baixar da casa".

A finais dos 90 chegou a haber uns 70 videoclubs na Coruña. O 30 de xuño pechará o único supervivente.

"Era un punto de encontro social: os clientes conversaban entre eles e nós repartiamos flocos de millo para comer e falar. Creo que é o máis importante que se vai perder".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade