Publicador de contidos
Publicador de contidos

O desconto de 20 céntimos nos combustibles anima os clientes a encher o depósito

O desconto de 20 céntimos nos combustibles anima os clientes a encher o depósito

Continúan as ringleiras de coches para beneficiarse do prezo con rebaixas

Nalgunhas gasolineiras continúan os problemas co sistema de pago  

G24.gal 02/04/2022 14:29

Agardan para repostar e a ringleira de coches sae por fóra da gasolineira. Non é o habitual, pero é que o desconto de vinte céntimos por litro de combustible anima a encher o depósito. 

Nestoutro establecemento os clientes vanse sen poder encher o depósito porque non funciona o sistema de pago. 

Queda agardar ou tentalo noutro establecemento, porque o incentivo do desconto supón un aforro para o consumidor. 

É un desconto que aplican no establecemento sobre o prezo marcado. 

Algunhas estacións de servizo aseguran que non poden afrontar este gasto porque 15 céntimos do desconto achégano elas e outros 5 a petroleira. O Goberno xa lles indicou que teñen á súa disposición un formulario para solicitar á Axencia Tributaria o anticipo da bonificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade