O día de Tere Abelleira
O día de Tere Abelleira
A pontevedresa foi a protagonista absoluta no partido da selección española en Riazor
Culminou a súa actuación cun gol dende lonxe que puxo en pé a bancada
Riazor e Tere Abelleira. Tere Abelleira e Riazor. A internacional é toda unha referente na Coruña, e a súa volta foi unha das máis esperadas polos 16.650 seareiros que poboaron a bancada do estadio do Deportivo. E a pontevedresa coroouse cun gol de moi bela factura. Colleu o balón preto da liña do mediocampo, avanzou uns metros en condución e pegoulle a portería. A gardameta non puido facer nada e a emoción foi máxima.
A seleccionadora Montse Tomé recoñeceu o traballo da mediocampista galega na conferencia de prensa posterior ao encontro. Tomé falou da calidade da xogadora e loou o seu gol. Tamén o fixeron as súas compañeiras no terreo de xogo, abrazando con emoción a goleadora. A maxia de Tere volveu a Riazor.
Agora, a selección feminina xa está centrada na gran cita. Os Xogos Olímpicos comezan en poucos días e as campioas do mundo queren seguir mandando no panorama internacional. So queda saber se Tere entra no once titular ou se pola contra terá que buscar oportunidades dende o banco de suplentes.