Publicador de contidos
Publicador de contidos

O DOG publica o cesamento de Ethel Vázquez e Rueda asume as súas competencias

O DOG publica o cesamento de Ethel Vázquez e Rueda asume as súas competencias

No decreto de cesamento, o presidente en funcións agradece a Vázquez os servizos prestados durante a súa etapa no Goberno galego

G24.gal 19/03/2024 08:54

O Diario Oficial de Galicia publica este martes o decreto de cesamento "a pedimento propio" de Ethel Vázquez como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, posto que ocupaba desde 2014 con distintas denominacións.

Outro decreto, tamén con data de onte luns 18 e asinado polo presidente galego en funcións Alfonso Rueda, establece que será a Presidencia da Xunta a que se ocupe do despacho temporal dos asuntos do departamento que dirixía Vázquez ata o nomeamento dunha nova persoa titular, que se prevé para a segunda semana de abril.

O Parlamento galego celebrou onte luns a súa constitución tras as eleccións do 18 de febreiro, nunha sesión en que Ethel Vázquez foi elixida secretaria da Mesa, o órgano de dirección da Cámara autonómica.

No decreto de cesamento o presidente en funcións agradece a Vázquez os servizos prestados durante a súa etapa no Goberno galego. A xa extitular de Infraestruturas era a máis veterana do Consello de la Xunta, á parte do propio Rueda, o órgano a que accedeu en 2014, tras o cesamento de Agustín Hernández.

Tras a saída de Vázquez, o máis veterano do Goberno galego é o titular de Educación e Cultura en funcións Román Rodríguez, nomeado en 2015. Unha vez constituído o Parlamento galego comezan os prazos legais para a constitución de grupos parlamentarios, tras o que o presidente da Cámara fará unha rolda de consultas, propoñerá un candidato e finalmente establecerá unha data para o debate de investidura. A data máis probable é a segunda semana de abril. Unha vez investido o novo presidente, Alfonso Rueda nomeará un novo goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade