Empresarios da provincia de Pontevedra reclaman melloras nas conexións de Galicia
Empresarios da provincia de Pontevedra reclaman melloras nas conexións de Galicia
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclama ao ministro de Transportes explicacións e compensacións a Galicia
Os empresarios da provincia de Pontevedra están especialmente preocupados polas conexións ferroviarias: desde o AVE a Vigo por Cerdedo, ata o atraso dos trens Avril, ou o proxecto do Corredor Atlántico de Mercadorías.
Unha boa conexión dentro de Galicia, coa meseta e con Portugal, son claves para o desenvolvemento económico. É unha das grandes demandas dos empresarios da provincia de Pontevedra. Este venres compartiron as súas preocupacións coa conselleira de Infraestruturas en funcións Ethel Vázquez, quen reclamou ao ministro de Transportes explicacións e compensacións a Galicia.
Os empresarios aseguran que levan 30 anos de atrasos nas infraestruturas e reclaman certezas nos proxectos ferroviarios. Reclaman máis información, datas e investimentos para avanzar nos proxectos que consideran clave.