O Ebro perde forza e non se temen grandes inundacións pola enchente
O Ebro perde forza e non se temen grandes inundacións pola enchente
A chegada dunha nova fronte mantén en alerta laranxa Cataluña e nas Baleares por forte ventos e ondada
A chegada dunha nova fronte mantén en alerta laranxa Cataluña e as Baleares por forte vento e ondada.
Mentres, no interior do noroeste peninsular todos os ollos están postos no río Ebro. Aragón activará o nivel 2 de emerxencias por risco de desbordamentos e xa está mobilizada a Unidade Militar de Emerxencias.
Efectivos da UME están despregados na conca alta do Ebro en Aragón, para previr a enchente do río. Trátase, segundo as últimas estimacións, dunha enchente ordinaria e non se temen, en principio, grandes inundacións.
Novillas é unha das poboacións mais afectadas en Aragón pola enchente. Na capital, Zaragoza, prepáranse para recibir o venres o pico de volume de caudal, aínda que confían en que non superen os 1.600 metros cúbicos por segundo.
No alto Ebro, rexistráronse inundacións en Áraba, A Rioxa e Navarra, que xa están remitindo.
A forza coa que pasou o Ebro pola Rioxa converteuno nun foco de atracción para moitos veciños de Logroño. En Tudela xa acadou aí o pico máximo esta noite, inundando garaxes e baixos na zona vella, aínda que o caudal xa foi baixando.
Canto á nova borrasca que afecta a península, Cataluña e as Baleares están en alerta laranxa por fortes refachos de vento e ondas. Igual que nas Illas Canarias de Tenerife, A Gomera e Fuerteventura.