Cargando resultados...
O emblemático Moulin Rouge de París perde as aspas
O emblemático Moulin Rouge de París perde as aspas
Por causas que se descoñecen, as pas vermellas do muíño que coroa a fachada do edificio desprendéronse e caeron ao chan sen provocar feridos
G24.gal
25/04/2024 12:59
Unha imaxe insólita chega desde París: o popular cabaré do Moulin Rouge perdeu este xoves as súas aspas.
Por causas que se descoñecen, as pas vermellas do muíño que coroa a fachada do edificio desprendéronse e caeron ao chan. Nese momento o recinto estaba pechado, polo que non quedou ferida ningunha persoa.
Fundado hai 135 anos aos pés do outeiro de Montmartre, o Moulin Rouge converteuse axiña nun dos símbolos da noite de París e nun dos seus principais atractivos turísticos, con máis de medio millón de visitantes anuais.