Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Emevé queda ás portas de gañar a Copa da Raíña

O Emevé queda ás portas de gañar a Copa da Raíña

G24.gal 13/02/2022 14:35

Non puido ser, o Arenal Emevé quedou ás portas de gañar a Copa da Raíña nun emocionante partido contra La Laguna. 

As lucenses perderon o primeiro set 25-18, pero foron quen de darlle a volta ao partido no segundo, no que gañaron 19-25.

O terceiro foi o menos igualado, as de José Valle sucumbiron ante o conxunto canario, acabaron perdendo 25-14. Xa no definitivo cuarto set, comezaron moi abaixo cun parcial de 0-8. Pero foron quen de remontar e estiveron a piques de forzar o quinto set. 

Finalmente, acabaron perdendo 25-22.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar