Publicador de contidos
Publicador de contidos

O empresario Barrabés declara que se reuniu dúas veces na Moncloa con Pedro Sánchez e Begoña Gómez

O empresario Barrabés declara que se reuniu dúas veces na Moncloa con Pedro Sánchez e Begoña Gómez

O pp acusa a Sánchez de ser un presidente "ancorado na mentira"

G24.gal 15/07/2024 14:54 Última actualización 15/07/2024 20:43

A testemuña clave do caso que investiga a Begoña Gómez recoñeceu ante o xuíz Peinado que mantivo varias reunións no Palacio da Moncloa coa esposa do presidente do Goberno, e que en dúas delas estivo presente Pedro Sánchez. Juan Carlos Barrabés, que prestou declaración por videoconferencia por problemas de saúde, non precisou as datas destes encontros, nos que se discutiron, dixo, aspectos de innovación. 

"Non recordaba o número exacto nin as datas exactas, pero si recordaba que só falaban do máster na Complutense", explicou un dos avogados da acusación particular.

O xuíz Peinado ordenoulle á UCO que recabe seis expedientes da Intervención Xeral do Estado. A empresa de Barrabés está no foco da investigación por conseguir contratos públicos por valor de dez millóns de euros. Begoña Gómez asinou dúas cartas de recomendación para o empresario, co que codirixía o máster da Universidade Complutense.

O PSOE enmarca na normalidade estes encontros e insiste en que non hai caso

 "Paren rotativas... é que non hai nada de nada. Porque se a alguén lle parece mal que o presidente dun país manteña reunións con empresarios non sería un país serio como é España. Deixemos estas banalidades, de onde non hai non se pode sacar", ironizou Esther Peña.

Pero o PP ve un escándalo inasumible e di que esta confesión abre novos interrogantes. 

"Ou a señora Gómez participaba nestes encontros no nome do Goberno, ou Sánchez o facía no nome dos negocios da súa muller. Asistimos á degradación da institución da presidencia do Goberno. É verdadeiramente escandaloso, isto faría caer calquera Goberno serio", concluíu Borja Sémper.

Tras asegurar que "é unha absoluta inmoralidade ter un presidente do Goberno ancorado na mentira", Sémper afirmou que, despois desa "confesión" ábrense novos interrogantes e seguen vixentes outros, como saber se "Pedro Sánchez utilizou o seu encontro para convencer o empresario Barrabés de que investise en Begoña Gómez" e se "ofreceu a cambio ou suxeriu o ofrecemento de contratos públicos ao socio da súa esposa".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade