Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Encontro da Toxa analiza o impacto da IA nas empresas

O Encontro da Toxa analiza o impacto da IA nas empresas

É un dos primeiros foros de debate que vencella directamente a intelixencia artificial coa xestión empresarial

G24.gal 11/07/2024 14:00

O Encontro da Toxa vai analizar durante dous días o impacto da intelixencia artifical nas empresas. Nel participan grandes compañías que comparten experiencias na aplicación desta ferramenta no seu negocio.

Os organizadores deste evento na illa da Toxa destacan que este é un dos primeiros foros de debate que vencella directamente a intelixencia artificial coa xestión empresarial. 

Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor de CESUGA, di: "A intelixencia artificial está entrando primeiro na grande empresa, que é a que pode asumir o custo de poder implantala. Pero todo o que chega á grande empresa pasa á mediana e despois pasa á pequena".

Das grandes compañías que xa aplican esta ferramenta aprenden esas pequenas e medianas empresas, e aquí, en Galicia, queren estar preparados.

Alejandro Pazos é catedrático da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Incide: "Non veñen a substituír ningún traballador. O que vai ocorrer é que as persoas que teñan coñecementos e habilidades usando ferramentas de IA van substituír as que teñan certas carencias neste ámbito".

Na busca da rendibilidade empresarial agarda ser a ferramenta que complementa o traballo, facilitando sobre todo o máis repetitivo. "Creo que a intelixencia artificial é unha ferramenta que nos vai axudar a minimizar os grandes esforzos que son rutineiros e poden ser automatizados", engade José Luis Pech, director de Desenvolvemento Neurolóxico.

Entre as que van compartir a súa experiencia hai unha pequena empresa de Lugo que aloxa webs en Internet. Álvaro Fontenla é o seu CEO e cofundou Raiola Networks. Explica que "empresas coma nós están aplicándoa moito na área de atención ao cliente. Nós non queremos aplicala aí porque queremos un trato totalmente personalizado, pero si que a usamos para clasificar datos e traballalos"

Porque, segundo di Alejandro Pazos, xa hai moitas empresas galegas que usan a intelixencia artificial para  "predicións, para ver como se van desenvolver os procesos e optimizalos", o que as fai máis competitivas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos