O encoro de Cecebre, ao 76% de ocupación, contrasta co 90% do resto de Galicia
O encoro de Cecebre, ao 76% de ocupación, contrasta co 90% do resto de Galicia
O consumo na zona aumentou un 2 % desde abril, segundo Augas de Galicia
Non consideran a situación alarmante, pero piden un uso responsable do recurso
400.000 persoas de oito concellos como A Coruña ou Cambre beben das augas de Cecebre. O seu nivel de ocupación rolda o 76 %. Non é unha cifra alarmante, pero si moi diferente á media de encoros galegos, que supera o 90 %.
Cecebre ten 15 puntos menos de ocupación ca o ano pasado con prealerta de seca, e 19 menos ca na última década. Parte da explicación está, segundo Augas de Galicia, no aumento do consumo na comarca, que subiu un 2 % desde o mes de abril.
Desde Augas de Galicia piden un consumo responsable de industrias e particulares agora que se achegan os meses con menor precipitación do ano. Malia que o abastecemento está garantido, cómpre non baixar a garda ante un ben cada vez máis escaso.