O Ensino festexa a primeira vitoria da temporada na pista do Araski

Fixo un partido moi serio, pero acabou complicándose a vida nos últimos dous minutos (68-71)

G24.gal 29/10/2023 11:03

O Ensino logrou na xornada 5 a primeira vitoria da temporada. Gañou na pista do Araski (68-71) nun partido moi serio e ben xogado polas galegas que se complicaron a vida nos últimos dous minutos. 

O gran traballo de Tate (20 puntos) e Olaeta (16) foi determinante para acadar o triunfo. Gañaban ao descanso por 30-42 e chegaron a ter quince puntos de vantaxe a menos de dous minutos para o final (55-69). O que ía ser un triunfo plácido converteuse en sufrimento por un parcial de 13-2 pero o triunfo veu para Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade