Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ensino galego incorpora este curso máis de 1.250 novos docentes

O ensino galego incorpora este curso máis de 1.250 novos docentes

O conselleiro de Educación deulles hoxe a benvida a esta nova xeración de profesores que se incorporan ás aulas galegas

G24.gal 04/09/2024 14:03

Nunha semana comezan as clases nos centros de ensino galegos e este mes de setembro incorpóranse 1.256 novos docentes, tras aprobar as oposicións celebradas este verán. Foi un proceso selectivo ao que se presentaron máis de 20.000 opositores.

O conselleiro de Educación deulles hoxe a benvida a esta nova xeración de profesores que se incorporan ás aulas galegas. Román Rodríguez destacou que esta é a primeira promoción que conta con docentes nados no século XXI, e dixo que isto contribuirá ao proceso de modernización do ensino, no que Galicia, asegurou, é un referente: "Estamos ante a unha gran modernización do sistema educativo, quizais a maior dos últimos 30 anos. E o que queremos é que o ensino galego siga educando en calidade, en equidade, e que dá igualdade de oportunidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos