Publicador de contidos
Publicador de contidos

As probas recollidas no escenario do crime de Muimenta apuntaban a unha morte violenta

As probas recollidas no escenario do crime de Muimenta apuntaban a unha morte violenta

A psiquiatra que tratou a acusada o día dos feitos di que sufría unha crise psicótica

G24.gal 02/03/2023 19:41 Última actualización 02/03/2023 20:17

O axente de Criminalística que investigou a escena do crime de Muimenta di que as manchas de sangue en diferentes obxectos e no chan apuntan a unha ferida no labio da vítima.  E a mancha de auga con trazodona na parede do cuarto a que intentaron darlle de beber pola forza.

"Se a nena está na cama e a nai intenta darlle de beber e ela non quere é compatible con que dea un golpe e é compatible con esas gotas que van de abaixo a arriba", asegurou.

Considera que as probas non concordaban cunha inxestión accidental de medicamentos por parte da pequena, como declarou a acusada.

"—Desde o seu punto de vista, a autora do crime é Ana Sandamil Novo?".  "—Si, si, sen ningún xénero de dúbida", respondeu o investigador a preguntas das acusacións.

Previamente declarara a médica que atendeu a Ana Sandamil o día dos feitos cando ingresou no hospital por un suposto intento de suicidio tras a morte da súa filla.

A fiscal do caso preguntoulle se cre que a acusada vivía nunha realidade paralela polos delirios que presentaba.

"Si, creo que esa noite estaba psicótica, si", respondeu a psiquiatra. 

Tamén declarou que consideraba que eses síntomas non eran simulados, pero recoñeceu que non lle fixo ningunha proba para confirmalo.

O resto do persoal do hospital que declarou no xuízo foi menos contundente nas súas respostas. Só apreciaron que a muller estaba como ida, pero plenamente consciente en todo momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade