Cargando resultados...
O estado do céspede preocupa na previa do Celta Fortuna-Deportivo
O estado do céspede preocupa na previa do Celta Fortuna-Deportivo
A disputa do partido do primeiro equipo unhas horas antes fai que os dous adestradores asuman que Balaídos vai estar nun mal estado
G24.gal
26/01/2024 15:23
O partido sobranceiro desta fin de semana en Galicia xógase en Balaídos. O domingo, ás nove, enfróntanse o Celta Fortuna e o Deportivo. O filial celeste é o segundo clasificado pero ven de dúas derrotas consecutivas. O Deportivo ocupa o quinto posto da táboa, está a seis puntos do seu rival e tentará mudar a tendencia dunha decepcionante primeira volta.
Imanol Idiakez asume que o terreo de xogo estará en malas condicións e que o partido é unha oportunidade para o Deportivo.