Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ex presidente Rajoy declara hoxe na Comisión Kitchen

O ex presidente Rajoy declara hoxe na Comisión Kitchen

Pola suposta trama de espionaxe a Luis Bárcenas 

G24.gal 13/12/2021 08:44

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy comparece hoxe no Congreso, na Comisión Kitchen, que investiga a suposta trama de espionaxe a Luis Bárcenas.

Rajoy será o último dos 37 citados que pasan por esta comisión dende que comezou os traballos en marzo. Está chamado a declarar porque era presidente do Goberno cando supostamente se urdiu a suposta espionaxe ao extesoureiro do PP dende o Ministerio do Interior, cando Jorge Fernández Díaz era o titular da carteira.

Rajoy adiantou que vai responder ás preguntas dos deputados e asegura que non coñece o excomisario Villlarejo, unha das pezas clave da suposta operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade