Cargando resultados...
O exceso de auga doce nas rías provoca a caída de salinidade que matou os bivalvos en Noia e Rianxo
O exceso de auga doce nas rías provoca a caída de salinidade que matou os bivalvos en Noia e Rianxo
O normal é 35 partes por millón e houbo días que as boias mediron a caída a cero
Toneladas de cría de berberecho morta amoréanse nas praias de Noia e Rianxo
G24.gal
11/11/2023 15:30
Última actualización 10/11/2023 18:40
Facía falta que chovera, pero o paso do temporal Domingos deixou esta semana as praias de Noia e Rianxo ateigadas de berberechos e ameixas moribundos.
Un desastre que cada vez se repite máis a miúdo co fondo do cambio climático, e preocupa sobre todo as dúas mil familias que viven do marisqueo en ambas confrarías.
A causante da mortaldade é a caída de salinidade da auga de mar debido ao exceso de auga doce que reciben as rías con tanta chuvia como nos explican no INTECMAR.