O Executivo galego rexeita a proposta do Goberno do Estado sobre os traspasos da xestión do litoral
O Executivo galego rexeita a proposta do Goberno do Estado sobre os traspasos da xestión do litoral
Segundo o Consello, a proposta de transferencia limita a capacidade de Galicia para dar concesións e mantén inxerencias estatais
O Consello da Xunta de Galicia acordou este luns rexeitar a proposta do Goberno do Estado sobre os traspasos da xestión do litoral porque limita a capacidade de Galicia para dar concesións e mantén inxerencias estatais.
Segundo explicou o presidente da Xunta, "non ten sentido que o Estado se siga reservando a xestión dalgúns tipos de ocupación, e ademais non aclara cales". Alfonso Rueda tamén salientou que a proposta do Goberno "esixe un informe vinculante cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no litoral, autorización que non está noutras transferencias feitas xa".
"Novamente, non se concretan nin os medios, nin os recursos nin o financiamento que se transferiría a Galicia", asegurou.