Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril aprende a dureza da categoría contra o Zamora (0-0)

O Fabril aprende a dureza da categoría contra o Zamora (0-0)

Partido moi parello que o filial do Deportivo puido decidir no treito final da primeira parte

G24.gal 22/10/2023 19:13

Fabril e Zamora empataron sen goles en Abegondo. Os zamoranos, que viñan de perder por 0-4 ante o Pontevedra, recuperaron a solidez defensiva que os colocou no máis alto da categoría. Viñeron a facer un partido moi serio e a non deixar correr xogadores como Kevin ou Mella e lográrono. 

Os primeiros minutos foron do cadro visitante. O Fabril tardou en atoparse cómodo no campo pero no treito final da primeira parte xogou moi bos minutos, con ocasións claras de Rubén López e Iano. 

No segundo tempo houbo menos fútbol. Mella puido marcar o gol da vitoria no 63 pero atopou a intervención salvadora de Fermín e Mati Castillo no 82 tamén estivo preto do tanto. O resultado non se moveu nun partido en que os fabrilistas aprenderon a dureza da categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar