Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril avasala o Escobedo no segundo tempo (4-0)

O Fabril avasala o Escobedo no segundo tempo (4-0)

Dous goles ao pouco de comezar a segunda metade de Alfaro e Guerrero encamiñaron o claro triunfo

G24.gal 20/10/2024 18:54

Dúas partes moi diferenciadas no partido entre o Fabril e o Escobedo. Unha primeira na que apenas houbo oportunidades e unha segunda na que o equipo de Gilsanz lle pasou por riba ao equipo cántabro. 

Moito tiveron que ver os goles de Alfaro (minuto 53) e Guerrero (minuto 55). En dous minutos o filial deportivista deixou o partido moi encamiñado. O Escobedo botouse arriba e apareceron os espazos para xogar á contra e para que Fabi Urzain e Dylan completasen a goleada que racha unha serie de catro xornadas sen gañar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos